Día da saude 2023

O pasado 31 de marzo celebrouse no noso colexio unha xornada de portas abertas para conmemorar o día da saude.

Foi unha xornada divertida e cargada de emocións onde tanto pais/nais como alumnos/alumnas de todas as etapas educativas, participaron de numerosas actividades deportivas (fútbol gaélico, tiro con arco, bádminton, aeróbic, xogos…).

Ademais a mañá completouse con coferencias impartidas polo «Club badmintón as Neves» e por David Gil, fundador da asociación «700 camisetas pola leucemia».

Para ver a galería de fotos pinchar no seguinte enlace…galería.