PRIMARIA

CARACTERISTICAS DO CURSO

EDUCACION PRACTICA E DIVERTIDA PARA O TEU FILL@

Sabemos que a Educación Primaria é fundamental para o desenvolvemento do alumno/a como individuo, con características e formas de aprendizaxe propias. As instalacións do colexio están equipadas con recursos necesarios para desenvolver e potenciar as súas capacidades. Por outra parte as titorías individualizadas aseguran unha correcta adaptación do alumno/a ao entorno do centro, tanto no ámbito escolar como no persoal.

Ao longo da educación primaria percibimos ao alumno/a como ser individual, con características persoais e formas de aprender distintas, para potenciar todas as súas intelixencias. Desenrolamos unha metodoloxía activa fomentando no alumando unha actitude curiosa, crítica e investigadora que gracias ao seu traballo persoal, convertirase na base da sua formación.

En todas as áreas de aprendizaxe ilústranse as explicacións teóricas mediante actividades que permiten unha observación directa dos temas tratados e, ademais, abórdanse os aspectos procedimentais. Favorécese que os alumnos apliquen a súa iniciativa e creatividade na resolución de problemas, á vez que fomentamos o seu espírito de cooperación e traballo en equipo.

No ámbito das humanidades tamén se desenrola o espírito crítico, a capacidade de discusión e de decisión, e a necesidade colectiva de involucrarse na mellora e desenrolo da realidade social.

Este departamento esta pensado como un servizo para axudar aos pais, alumnos/as e profesores a facilitar á formación integral do neno/a, e nun sentido máis restritivo, a pontenciar o rendimento ecolar co que acadar os obxetivos programados. Para detectar de forma prematura posibles carencias de aprendizaxe, realízanse tarefas preventivas, e de detectarse, farianse traballos de recuperación ou intervención para superalas. Ambas tarefas deberán ser avaliadas posteriormente para garantir a efecacia do traballo.

O profesional de psicoloxía deste departamento, xunto cos especialistas de PT e AL, cos que colaboran varios profesores de apoio que realizan tarefas de reforzo educativo nos estudos dirixidos, tamén son responsables de:

  • Colaborar na acción titorial, asesorando aos titores con material adecuado e programando actividades que reforcen a súa labor docente.
  • Realizar tarefas de asesoramento e orientación ao alumnado, pais e profesorado.
  • Atención do almunado con necesidades educativas especiais en tarefas de recuperación e reforzo do traballo realizado polo profesorado na aula.
  • Formar ao alumnado en técnicas e estratexias de aprendizaxe.

Un centro educativo non debe permanecer alleo ás inquedanzas sociais, políticas, culturales ou científicas do mundo que o rodea. O noso colexio, ademais dunha sólida formación académica promove que os seus alumnos se convirtan en personas críticas e que participen activamente na sociedade.

Esta é a razón pola que organizamos numerosas conferencias e coloquios que abarcan dende a conmemoración de acontecementos históricos ata os temas de maior actualidade. A educación para a paz, a globalización, a problemática ambiental, o proxecto do xenoma humano, a violencia de xénero, a transición política e a democracia en España, son só algúns exemplos do esforzo por facer da nosa aula de actos un auténtico foro.

Para acercar máis a os nosos alumnos á realidade dende unha óptica distinta á da aula, abrimos as portas ao exterior realizando numerosas saídas didácticas ao longo do curso.

Intereses de tipo socioeconómico, científico-tecnolóxico, paisaxístico, cultural y ecolóxico móvennos a visitar o noso entorno máis inmediato. Visitamos os pricipais museos e fundacións de Galicia con motivo das exposiciones máis importantes. Mantemos o contacto co mundo industrial visitando as fábricas e empresas máis representativas da nosa contorna.

Tamén forma parte da vida cotidiana do colexio a asistencia a representacións teatrais e a outros eventos como modo de integrar aos alumnos/as  ao noso entorno sociocultural.

Para fomentar a convivencia entre o alumnado realizamos excursións pernoctando fora da casa en 2º e 4º de primaria, nas que participan en actividades deportivas, culturais e de tempo libre. En 6º de primaria o alumnado participa nun «Bautismo de Neve», na estación de esquí de Leitariegos, con cursos de iniciación a actividades lúdicas.

1º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

2º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

3º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

4º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

5º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

6º PRIMARIA

horarios, profesores e materiales

DA O PRIMEIRO PASO

Un lugar de aprendizaxe onde os nenos/as recollen o pasaporte ó mundo.

VEN A APRENDER CON NOS

Coidamos da educación día a día