Excursión fin de curso 3º e 4º de ESO

Na semana previa ás vacación de semana santa, os alumnos/as de 3º e 4º de ESO realizaron a súa viaxe de fin de curso. Este ano o destino escollido foi Madrid. Alí ademais de coñecer a cidade, visitaron diferentes museos, o parque de atraccións da Warner, presenciaron o musical «Mamma mia» (que foi unha das actividades máis valoradas), e aproveitaron para facer dúas paradas durante o camiño, unha na cidade de Ávila, e outra na cidade de Segovia.

Para ver a galería de imaxes pinchar no seguinte enlace…fotos.