INFANTIL

CARACTERISTICAS DO CURSO

EDUCACION DIVERTIDA PARA O TEU FILL@

O obxectivo fundamental desta etapa é alcanzar o benestar emocional, físico e social de cada neno e nena potenciando a autonomía e o pensamento crítico. Para acadalo promóvense actividades lúdicas e cooperativas que fomentan a empatía, a tolerancia… e trabállanse actitudes de respecto aos iguais, entorno e comunidade co fin de favorecer o desenrolo do pensamento crítico a través do mundo que nos rodea.

Buscamos que o noso alumnado participe do seu propio proceso de aprendizaxe despertando o seu interese e súa curiosidade, asegurándonos de que a súa evolución sexa progresiva e natural. Deste xeito poden adquirir unha maior autonomía e autoconcepto, elementos fundamentais da autoestima e o crecemento persoal.

Cremos na educación como un proceso global e constructivo que respeta as diferencias individuais, capacidades, necesidades, personalidades e ritmos de madurez dos alumnos e alumnas. Para alcanzar con éxito os propósitos desta etapa consideramos fundamental que na relación familia-escola exista unha comunicación fluída; por este motivo contamos con asesoramento personalizado por parte de titores e departamento de orientación.

A linguaxe é o vehículo da aprendizaxe e o pensamento. Os aspectos comunicativos lingüísticos son moi importantes e as dificultades nesta área poden trascender ao desarrollo cognitivo, social e afectivo do alumnado. Por este motivo a realización de talleres de prevención e estimulación de forma temprana supón o establecemento das bases necesarias para un adecuado desenvolvemento personal e escolar. Contar cunha competencia lingüística adecuada, vai propiciar que o alumnado alcance os prerrequisitos necesarios para a adquisición da lectura e a escritura.

Estos talleres, levados a cabo pola especialista en audición e linguaxe, pretenden paliar posibles dificultades e potenciar as capacidades existentes a través do xogo, cunha metodoloxía lúdica, partindo na medida do posible dos centros de interese do alumnado e dos contidos traballados na aula.

A través do xogo conseguimos que ao noso alumnado lles sexa máis doada a súa integración no mundo escolar. Na nosa aula de psicomotricidade terán a oportunidade de se desenvolver de forma independente aprendendo a relacionarse cos seus iguais e a resolver conflitos ao mesmo tempo que disfrutan. Eles son os partícipes activos das clases e síntense seguros e capaces de todo.

A música axuda aos nenos/as a expresar libremente os seus sentimentos a través do movemento dos sons, a voz e os instrumentos. Desenvolvemos o aprendizaxe musical de forma diaria para que os alumnos/as fomenten a súa creatividade e expresividade. Unha vez a semana asisten a aula de música equipada con numerosos instrumentos adaptados ás súas características, e con recursos audiovisuais de alta calidade.

Dende os tres anos contamos no centro con un auxiliar de conversa en inglés, que axuda a desenrolar a comprensión e expresión oral dunha forma lúdica, con un ambiente positivo e non compentitivo. Deste xeito adquiren a competencia lingüística dende moi pequenos.

Ademáis da participación activa nas celebracións de tradicións e festas populares ao longo de todo o curso académico, o alumnado desta etapa realiza actividades e excursións para reforzar o traballo escolar con experiencias vitais que afiancen a súa visión do mundo e enriquezan a súa aprendizaxe. Consideramos que coñecer, explorar e amar a natureza e a comunidade que nos rodea, inspiran a creatividade, a tolerancia e abren portas a imaxinación.

Cara o final do último ano de infantil, o colexio organiza unha excursión na que os nenos pasan dúas xornadas e unha noite fora da casa, disfrutando dos seus compañeiros/as e de actividades ao aire libre, guiados polos/as seus profesores/as e monitores/as de tempo libre.

  • Horario flexible que permite unha adaptación progresiva as novas pautas e rutinas.
  • Cambio de roupa de ser necesario coa autorización das familias.
  • Constante coordinación co ámbito familiar.
  • Información constante sobre o comedor.
  • Atención personalizada ao nivel madurativo de cada neno/a.
4º INFANTIL (3 ANOS)

Horarios, profesores e materiales

5ª INFANTIL (4 ANOS)

Horarios, profesores e materiales

6º INFANTIL (5 ANOS)

Horarios, profesores e materiales

GALERÍA

DA O PRIMEIRO PASO

VEN APRENDER CON NOS

Coidamos da educación dia a dia