Visita a Euroroca

O mércores 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO realizaron unha visita a unha das empresas máis importantes na elaboración de productos procedentes do granito ubicadas no noso concello. Alí puideron comprobar de primeira man como traballa, e que elementos técnicos utiliza, unha factoría como esta tan importante na nosa contorna.

Para ver a galería de imaxes pinchar no seguinte enlace…fotos.