O pasado 6 de novembro os alumnos/as de 2º de ESO realizaron unha andaina duns 15 km percorrendo as beiras do río Louro dende Tui ata o colexio, seguindo un bosque pantanoso de gran valor ecolóxico e que é unha das xoias paisaxísticas do noso concello.
A cada pouco, durante o percorrido, houbo que superar pequenos atrancos como zonas ateigadas de auga ou lama, ou árbores tiradas no medio do camiño. Ademais como parte da runta é compartida co «Camiño de Santiago», os alumnos/as poideron compartir experiencias con algúns peregrinos/as. Deste xeito, por exemplo, coñeceron a dúas peregrinas que levaban 5 días camiñando dende a cidade portuguesa de O Porto, e que ese día tiñan previsto chegar ata Redondela.
Todo isto fixo que a xornada fora toda unha aventura para os nosos rapaces e rapazas.