O alumnado de 6° de primaria disfrutou neste mes de marzo dun bautismo de neve no marco da Semana Branca.
Acompañados dos seus profes e monitores viaxaron á Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos, unha fermosa estación de esquí situada na provincia de León, na comarca de Laciana que é Reserva da Biosfera e no límite co Principado de Asturias.
Alí pasaron tres días nos que viviron unha inesquecible experiencia de neve na que a convivencia e a aprendizaxe de nocións básicas de esquí foron o eixe principal. Ademáis participaron nas xornadas multideporte e nunha xincana deportiva-cultural na que conoceron os diferentes costumes da comarca leonesa.
Os nosos escolares disfrutaron ao máximo desta divertidísima aventura. Cumpliron cos obxetivos de responsabilidade, independencia, superación, resiliencia… e ademáis lográrono esquiando con gracia sobre as fermosas montañas nevadas do Val de Laciana; ¿qué máis se pode pedir?!
Quizais só unha cousa, ¡repetir a expedición o vindeiro ano!
Para poder ver a galeria de fotos pinchar no seguinte enlace…Leitariegos.