O vindeiro 30 de outubro desfrutaremos no colexio dunha nova edición do Samagostín. Celebración que estreamos o ano pasado, e na que agruparemos no mesmo día o Samaín e o tradicional magosto.
O 23 de outubro o alumnado comprendido enter 2º de educación primaria e 3º de ESO, participará na 1ª fase do Cross Escolar Xogade ubicada na localidade de Zamáns.
O alumnado de 5º e 6º de EP realizará unha saída deportiva o día 11 de outubro (pendente da meteoroloxía). Alí disfrutarán da posibilidade de iniciarse nos deportes da escalada e a vela.
O alumnado de EI de 3 e 4 anos realizará unha excursión a granxa escola «Corazón de Carballo» o día 31 de maio. Alí disfrutarán de multitude de actividades educativas e lúdicas orientadas cara a educación ambiental e artística.
O día 27 de maio celebrarase a 3ª xornada do minixogade no Colexio Antonio Palacios. Competición na que participan os/as nosos/as alumnos/as de 6º de educación primaria.
Durante a mañá do día 27 de maio, o alumnado de 1º e 2º de E.P acudirá ao concerto didáctico ofrecido pola «Escola Municipal de Música» de O Porriño.