CARACTERISTICAS DO CURSO
EDUCACION DE CALIDADE E CON VALORES PARA O TEU FILL@
O compromiso do colexio e asegurar a adaptación dos alumnos/as a este novo ciclo, tanto no aspecto persoal como educativo, nun ambiente controlado e de convivencia saudable. A formación integral e en valores ten especial relevancia nesta nova etapa.
O desenrolo do coñecemento científico e a integración das TICs no proceso de aprendizaxe, son cuestións básicas que o colexio coida especialmente. Igualmente realizamos unha clara aposta pola aprendizaxe de linguas estranxeiras.
Nesta etapa reforzarase a formación con actividaes complementarias que aumenten o interese e a motivación do alumnado.
Este departamento esta pensado como un servizo para axudar aos pais, alumnos/as e profesores a facilitar á formación integral do neno/a, e nun sentido máis restritivo, a pontenciar o rendimento escolar co que acadar os obxectivos programados. Para detectar de forma prematura posibles carencias de aprendizaxe, realízanse tarefas preventivas, e se detectasen, faríanse traballos de recuperación ou intervención para superalos. Ambas tarefas deberán ser avaliadas posteriormente para garantir a eficacia do traballo.
O profesional de psicoloxía deste departamento, xunto cos especialistas de PT e AL, cos que colaboran varios profesores de apoio que realizan tarefas de reforzo educativo nos estudos dirixidos, tamén son responsables de:
- Colaborar na acción titorial, asesorando aos titores con material adecuado e programando actividades que reforcen a súa labor docente.
- Realizar tarefas de asesoramento e orientación ao alumnado, pais e profesorado.
- Atención do almunado con necesidades educativas especiais, en tarefas de recuperación e reforzo do traballo realizado polo profesorado na aula.
- Formar ao alumnado en técnicas e estratexias de aprendizaxe.
Despois dunha analise previa por parte do equipo docente, a aqueles alumnos con maiores necesidades nas materias de matemáticas, inglés e lingua castelá, se lles ofrecerán clases de reforzo para estas materias. Estos reforzos impártense ás tardes dos luns e mércores.
Co ambiente de ensino positivo, a aprendizaxe tornase agradable e non competitiva.
Un centro educativo non debe permanecer alleo ás inquedanzas sociais, políticas, culturales ou científicas do mundo que o rodea. O noso colexio, ademais dunha sólida formación académica, promove que os seus alumnos/as se convirtan en persoas críticas e que participen activamente na sociedade.
Esta é a razón pola que organizamos numerosas conferencias e coloquios que abarcan dende a conmemoración de acontecementos históricos ata os temas de maior actualidade. A educación para a paz, a globalización, a problemática ambiental, o proxecto do xenoma humano, a violencia de xénero, a transición política á democracia en España, son só algúns exemplos do esforzo por facer das nosa aula de actos un auténtico foro.
Para acercar máis aos nosos alumnos á realidade dende unha óptica distinta á da aula, abrimos as portas ao exterior realizando numerosas saídas didácticas ao longo do curso.
Intereses de tipo socioeconómico, científico-tecnolóxico, paisaxístico, cultural e ecolóxico, móvennos a visitar ao noso entorno máis inmediato. Visitamos os pricipais museos e fundacións de Galicia con motivo das exposicións máis importantes. Mantemos o contacto co mundo industrial visitando as fábricas e empresas más representativas da nosa contorna.
Tamén forma parte da vida cotidiana do colexio a asistencia a representacións teatrais e a outros eventos, como modo de integrar aos alumnos ao noso entorno sociocultural.
Para fomentar a convivencia entre o alumnado realizamos a excursión de fin de curso cos grupos de 3º e 4º da ESO, a destinos como Madrid, Barcelona,Tenerife….
Participamos dunha semana de intercambio entre alumnos/as franceses e galegos, financiado polo Concello de Porriño.
1º ESO
horarios, profesores e materiais
2º ESO
horarios, profesores e materiais
3º ESO
horarios, profesores e materiais
4º ESO
horarios, profesores e materiais