O Colexio

0
Profesores entregados
0
Anos formando persoas.
0
Alumnos practicantes de deporte.
0
Cen por cen das aulas dixitalizadas.

COLEXIO SANTO TOMAS

A finalidade da educación é aumentar a probabilidade de que suceda o que desexamos

HISTORIA

DENDE HAI CASE CEN ANOS...

Cando facemos alusión ao Colexio Santo Tomás, non hai ningúen en O Porriño que, por uns motivos ou outros, non teña algunha referencia del.

Este Centro comezou a funcionar con esta denominación no curso 1981/1982, xa que con anterioridade as súas instalacións acolleron diferentes centros de ensino. Ata o ano 1929, e na rúa Fernández Areal nº2 de O Porriño, funcionou como Escola Nacional Unitaria de nenas, momento en que desaparecen as unitarias e se inauguraron as Escolas Graduadas.

A partir de 1957  reanúdase, nestas mesmas instalacións, a actividade docente doutro centro educativo, o Colexio “Dulce Nombre de Jesús” que funcionou durante aproximadamente unha década baixo a dirección de D. José Carlos Maquieira Iglesias que chegou a constituirse en Patronato sendo o seu responsable contable D. Laureano Leirós Rodríguez.

Con posterioridade o Centro pasou a denominarse “Colegio Academia Santo Tomás” xa que nel se impartían ensino básico, clases para preparación de Bacharelato por libre, Administrativo, … A titularidade deste centro ostentábaa Dª Mª de los Ángeles Mompó Carreero, si ben a dirección pedagóxica estaba a cargo de D. Manuel Suárez Serantes para pasar a ser substituído por D. José Magadán Serantes. No curso 1974/1975 xa se impartían todos os niveis oficiais da EXB. Ata o curso 1980/1981 o centro era totalmente privado.

No curso 1981/1982, debido a diferentes circunstancias, os profesores/as vímonos na necesidade de constituir unha cooperativa de traballo asociado para poder continuar desenvolvendo a labor educativa. Ante a baixa de D. José Magadán Serantes, pasa a ocupar o cargo de directora Dª Mª del Carmen Méndez Souto, que pasou a ser substituida por Dª Mª Carmen Domínguez Ramírez e como representante da Cooperativa, D. Federico Ramírez Pérez.

Foi a partir de aquí cando deu comezo a nosa andaina. Había moito traballo por facer, moita ilusión, e unhas instalacións que urxía mellorar, por iso centramos todos os nosos esforzos na construcción dun novo edificio que albergara o noso proxecto educativo.

Non podemos esquecernos de todos os alumnos/as, pais/nais e autoridades, que nos apoiaron nestes comezos e nos brindaron a súa colaboración, a súa comprensión, o seu interese,…; sin eles, todo o que hoxe somos non sería unha realidade.

Foi pouco a pouco como chegamos á actualidade, contando con 3 unidades de Ed. Infantil, 6 unidades de Ed. Primaria, 4 unidades de ESO e 1 unidade de Ed. Especial, todas elas concertadas.

Dos 10 profesores/as que iniciamos este proxecto, pasamos a ser un total de 28 persoas que traballan co único obxecto de participar de forma activa e proveitosa na educación dos nenos e nenas de O Porriño e os seus concellos limítrofes. Fomentando neles valores sociais como a tolerancia, o respecto, a cooperación, a solidaridade, …

Continuamos agradecendo a confianza que vostedes depositan en nos para poder participar na educación dos seus fillos e fillas.

CARACTERISTICAS DO CENTRO

CENTRO CONCERTADO DE CARÁCTER LAICO

No Colexio Santo Tomás temos como obxectivo o desenrolo máximo das capacidades intelectuais, físicas, artísticas e emocionais do noso alumnado. Por iso proporcionamos ós nosos estudantes unha formación integral para que podan enfrentarse o seu futuro dun xeito seguro e responsable.

Para acadar este fin, o equipo docente ofrece unha atención personalizada a todos os alumnos/as para axudarlles a convertirse en persoas autónomas, con capacidade crítica, comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.

O noso colexio dispón dunha serie de servizos complementarios  para cubrir as necesidades das nosas familias, facilitándolles a conciliación e proporcionándolles flexibilidade:

-Aula matinal.

-Comedor.

-Aula sobremesa.

-Campamento de verán.

Ó frente de cada servizo está un grupo de profesionais con alta experiencia.

Atención individualizada respectando ritmos, estilos e procesos de aprendizaxe para dar resposta á diversidade do noso alumnado. Sempre contando coas intervecións de especialistas en pedagoxía terapeútica, audición e linguaxe, psicoloxía, e a aula de educación especial.

O noso colexio fai unha  aposta clara pola aprendizaxe das linguas ó considerar crucial a necesidade do coñecemento dos idiomas nas relacións sociais e profesionais. Por iso dispoñemos de sección plurilingüe na atapa e primaria, e sección bilingüe en secundaria.

Ademái  dispoñemos de auxiliar de conversa nativo en inglés para todas as etapas educativas, que presta un valioso complemento na aprendizaxe deste idioma.

Como complemento o desenrolo da competencia lingüística, o noso alumnado de educación secundaria fará un  intercambio anual a Francia que ademáis de contribuir a perfeccionar o idioma, supón un acercamento ás tradicións  doutros pobos, a súa educación e modos de vida, posibilitando vínculos de amizade e relacións con outros rapaces e rapazas, que contribuirán a enriquecer a súa concepción da vida.

Tamén participamos  nos cursos de Erasmus+ Europa, para a mellora da calidade na ensinanza e adquisición de competencia lingüística do noso profesorado.

O noso colexio  utiliza as novas tecnoloxías de tres xeitos distintos e complementarios:

Como obxecto de aprendizaxe en sí mesmo: os alumnos/as  familiarizanse co uso do ordenador  adquirindo  as competencias necesarias para empregalo como un instrumento útil ao longo  dos seus estudos  e no  mundo do traballo.

Como apoio ao aprendizaxe: pizarras electrónicas interactivas, canóns de proxección, plataforma dixital educativa, software de tratamento de textos, follas de cálculo, bases de datos, programas didácticos de simulación e de exercicios  son empregados a cotio.

Coma cidadáns dixitais:  formamos aos nosos alumnos/as  nun uso responsable, seguro e ético das novas tecnoloxías.

O colexio está dotado  de equipos cuxo uso está  integrado na vida diaria dos  alumnos/as.

O noso colexio caracterízase por un ambiente de tolerancia e comprensión que ten como consecuencia un nivel moi baixo de conflictos. Entre outras ferramentas para a prevención da violencia e o acoso, así como o fomento de actitudes pacíficas na resolución de conflictos, temos implantado:

-Programa TEI (titoría entre iguais) de 3º de educación primaria a 4º de ESO, que é o programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar de maior implementación en España.

-Programa de Mediadores en 1º e 2º de primaria.

-Aula de convivencia.

-Santo Tomás en Xogo: programa de recreos activos.

No club de lectura, alumnos dos cursos de secundaria desfrutan de varias tardes charlando e opinando de libros que propón o equipo de biblioteca como lectura ao longo do curso.

EVENTOS

Traballamos para que tí mellores

24-04-29 24-04-29
O 29 de abril os alumn@s de 3º de ESO iniciarán a súa participación nas «PorriñOlimpiadas», encadradas no programa ACTIVA fomentado polo concello de O Porriño, que ten como obxectivo fomentar o lecer saudable entre o alumnado dos centros do concello.
24-04-26 24-04-19
O 26 de abril os alumn@s de 4º e 5º de educación primaria realizarán unha visita moi interesante á granxa ecolóxica «Casa Grande de Xanceda». Alí poderán coñecer de primeira man como funciona unha empresa referente na gandería ecolóxica. Ademáis realizarán actividades programadas como participar no ordeño das vacas ou alimentar os animais máis novos.

SE QUERES SABER MAIS DE NOS

Estaremos mais que encantados de responder ás tuas cuestións