Entroido 2025

O venres, 28 de febreiro, imos celebrar, a nivel interno e coma todos os anos, o Entroido.

Á temática para este ano son as Artes Escénicas, todas as expresións artísticas que se poden levar a un escenario/escenificar, é dicir, disciplinas como o teatro, a música, a danza ou calquera actividade relacionada co mundo do espectáculo: ópera, cabaré, teatro de monicreques, circo, recitais, etc.

Como todos os anos, ao longo da semana do 24 ao 28, teremos os seguintes mandatos do Meco.

-Para o luns 24 de febreiro comezar, uns calcetíns por riba dos pantalóns terás que calzar.

-Para o martes 25 como un malabarista vir, unha uña de cada cor terás que engadir.

-O mércores 26 coma un pallaso te levatarás, e o nariz vermello traerás.

-O xoves 27, o mellor de todos, peitea os teus pelos un pouco tolos.

-E o venres 28 escollerás o teu propio disfraz.

Durante a xornada escolar do 28, haberá unha entrega de premios aos disfraces máis orixinais e artesanais, valorando a reutilización de materiais e prestando especial atención a temática deste ano. Tamén poderán gozar de distintas actividades propostas polo profesorado e dunha degustación de doces típicos destas datas para acompañar á merenda de todos os días.

Esperamos que sexa un día de ledicia para todo o noso alumnado e lembrámosvos que as clases darán comezo o xoves 6 de marzo.