COLEXIO SANTO TOMAS
A finalidade da educación é aumentar a probabilidade de que suceda o que desexamos
HISTORIA
DENDE HAI CASE CEN ANOS...
Cando facemos alusión ao Colexio Santo Tomás, non hai ningúen en O Porriño que, por uns motivos ou outros, non teña algunha referencia del.
Este Centro comezou a funcionar con esta denominación no curso 1981/1982, xa que con anterioridade as súas instalacións acolleron diferentes centros de ensino. Ata o ano 1929, e na rúa Fernández Areal nº2 de O Porriño, funcionou como Escola Nacional Unitaria de nenas, momento en que desaparecen as unitarias e se inauguraron as Escolas Graduadas.
A partir de 1957 reanúdase, nestas mesmas instalacións, a actividade docente doutro centro educativo, o Colexio “Dulce Nombre de Jesús” que funcionou durante aproximadamente unha década baixo a dirección de D. José Carlos Maquieira Iglesias que chegou a constituirse en Patronato sendo o seu responsable contable D. Laureano Leirós Rodríguez.
Con posterioridade o Centro pasou a denominarse “Colegio Academia Santo Tomás” xa que nel se impartían ensino básico, clases para preparación de Bacharelato por libre, Administrativo, … A titularidade deste centro ostentábaa Dª Mª de los Ángeles Mompó Carreero, si ben a dirección pedagóxica estaba a cargo de D. Manuel Suárez Serantes para pasar a ser substituído por D. José Magadán Serantes. No curso 1974/1975 xa se impartían todos os niveis oficiais da EXB. Ata o curso 1980/1981 o centro era totalmente privado.
No curso 1981/1982, debido a diferentes circunstancias, os profesores/as vímonos na necesidade de constituir unha cooperativa de traballo asociado para poder continuar desenvolvendo a labor educativa. Ante a baixa de D. José Magadán Serantes, pasa a ocupar o cargo de directora Dª Mª del Carmen Méndez Souto, que pasou a ser substituida por Dª Mª Carmen Domínguez Ramírez e como representante da Cooperativa, D. Federico Ramírez Pérez.
Foi a partir de aquí cando deu comezo a nosa andaina. Había moito traballo por facer, moita ilusión, e unhas instalacións que urxía mellorar, por iso centramos todos os nosos esforzos na construcción dun novo edificio que albergara o noso proxecto educativo.
Non podemos esquecernos de todos os alumnos/as, pais/nais e autoridades, que nos apoiaron nestes comezos e nos brindaron a súa colaboración, a súa comprensión, o seu interese,…; sin eles, todo o que hoxe somos non sería unha realidade.
Foi pouco a pouco como chegamos á actualidade, contando con 3 unidades de Ed. Infantil, 6 unidades de Ed. Primaria, 4 unidades de ESO e 1 unidade de Ed. Especial, todas elas concertadas.
Dos 10 profesores/as que iniciamos este proxecto, pasamos a ser un total de 28 persoas que traballan co único obxecto de participar de forma activa e proveitosa na educación dos nenos e nenas de O Porriño e os seus concellos limítrofes. Fomentando neles valores sociais como a tolerancia, o respecto, a cooperación, a solidaridade, …
Continuamos agradecendo a confianza que vostedes depositan en nos para poder participar na educación dos seus fillos e fillas.
CARACTERISTICAS DO CENTRO
CENTRO CONCERTADO DE CARÁCTER LAICO
No Colexio Santo Tomás temos como obxectivo o desenrolo máximo das capacidades intelectuais, físicas, artísticas e emocionais do noso alumnado. Por iso proporcionamos ós nosos estudantes unha formación integral para que podan enfrentarse o seu futuro dun xeito seguro e responsable.
Para acadar este fin, o equipo docente ofrece unha atención personalizada a todos os alumnos/as para axudarlles a convertirse en persoas autónomas, con capacidade crítica, comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.
O noso colexio dispón dunha serie de servizos complementarios para cubrir as necesidades das nosas familias, facilitándolles a conciliación e proporcionándolles flexibilidade:
-Aula matinal.
-Comedor.
-Aula sobremesa.
-Campamento de verán.
Ó frente de cada servizo está un grupo de profesionais con alta experiencia.
Atención individualizada respectando ritmos, estilos e procesos de aprendizaxe para dar resposta á diversidade do noso alumnado. Sempre contando coas intervecións de especialistas en pedagoxía terapeútica, audición e linguaxe, psicoloxía, e a aula de educación especial.
O noso colexio fai unha aposta clara pola aprendizaxe das linguas ó considerar crucial a necesidade do coñecemento dos idiomas nas relacións sociais e profesionais. Por iso dispoñemos de sección plurilingüe na atapa e primaria, e sección bilingüe en secundaria.
Ademái dispoñemos de auxiliar de conversa nativo en inglés para todas as etapas educativas, que presta un valioso complemento na aprendizaxe deste idioma.
Como complemento o desenrolo da competencia lingüística, o noso alumnado de educación secundaria fará un intercambio anual a Francia que ademáis de contribuir a perfeccionar o idioma, supón un acercamento ás tradicións doutros pobos, a súa educación e modos de vida, posibilitando vínculos de amizade e relacións con outros rapaces e rapazas, que contribuirán a enriquecer a súa concepción da vida.
Tamén participamos nos cursos de Erasmus+ Europa, para a mellora da calidade na ensinanza e adquisición de competencia lingüística do noso profesorado.
O noso colexio utiliza as novas tecnoloxías de tres xeitos distintos e complementarios:
Como obxecto de aprendizaxe en sí mesmo: os alumnos/as familiarizanse co uso do ordenador adquirindo as competencias necesarias para empregalo como un instrumento útil ao longo dos seus estudos e no mundo do traballo.
Como apoio ao aprendizaxe: pizarras electrónicas interactivas, canóns de proxección, plataforma dixital educativa, software de tratamento de textos, follas de cálculo, bases de datos, programas didácticos de simulación e de exercicios son empregados a cotio.
Coma cidadáns dixitais: formamos aos nosos alumnos/as nun uso responsable, seguro e ético das novas tecnoloxías.
O colexio está dotado de equipos cuxo uso está integrado na vida diaria dos alumnos/as.
O noso colexio caracterízase por un ambiente de tolerancia e comprensión que ten como consecuencia un nivel moi baixo de conflictos. Entre outras ferramentas para a prevención da violencia e o acoso, así como o fomento de actitudes pacíficas na resolución de conflictos, temos implantado:
-Programa TEI (titoría entre iguais) de 3º de educación primaria a 4º de ESO, que é o programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar de maior implementación en España.
-Programa de Mediadores en 1º e 2º de primaria.
-Aula de convivencia.
-Santo Tomás en Xogo: programa de recreos activos.
No club de lectura, alumnos dos cursos de secundaria desfrutan de varias tardes charlando e opinando de libros que propón o equipo de biblioteca como lectura ao longo do curso.
EVENTOS
Traballamos para que tí mellores