Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

E. Infantil

E. Infantil (18)

O vindeiro mércores 5 de febreiro, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á obra de teatro “O lobo e a lúa”, gañadora do Premio Barriga Verde de Textos de Títeres na XI Edición de 2014. Este espectáculo é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que as súas personaxes conviven a pesar das diferenzas que existen entre eles.

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor/a como último día o venres 31 de xaneiro.

Rogámoslles que traian a merenda nunha mochila que non sexa de rodas, e que, preferiblemente, dita merenda sexa un bocadillo, galletas, .... (non iogur). Ese dia non haberá venta de bocadillos para os alumnos/as de Educación Infantil polo que deberán traer a merenda da casa.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro venres día 18 de outubro, os alumnos/as de 4º e 5º de Ed. Infantil (3 e 4 anos) terán unha saída a Castrelos, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda nunha mochila pequena de espalda (non de rodas), e os de 4º de Ed. Infantil (3 anos) terán que levar tamén na mochila unha muda (roupa interior e pantalón)

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Pola presente informámoslles que o vindeiro martes 19 de febreiro, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á obra de teatro “Burbujas de papel”, gañadora do “Premio a mejor espectáculo familiar 2014 en la Feria de Teatro de Castilla – León”.

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor/a como último día o venres 15 de febreiro.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro martes día 23, os alumnos/as de 4º e 5º de Ed. Infantil (3 e 4 anos) terán unha saída ao parque “A Canuda” en Salvaterra, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda nunha mochila pequena de espalda, e teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Pola presente informámoslles que o vindeiro martes 23 de outubro, os alumnos/as de 6º de Ed. Infantil (5 anos) terán unha saída á panadería “Argibay” en horario de mañá, onde realizarán un obradoiro de amasado e elaboración de produtos utilizando a fariña, e entregaráselles un gorro e un mandil.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Estimadas familias:

Pola presente comunicámoslles que coma todos os anos realizaremos unha saída lúdico-didáctica durante todo o día.

Este ano, o día 8 de maio, a saída para os/ alumnos/as de 4º e 5º de Ed. Infantil (3 e 4 anos) realizarase a “Apípolis” onde poderemos realizar distintos talleres e actividades.

O horario de chegada é ás 17:00 h. Rogamos puntualidade tanto na entrada como na recollida.

Deberán levar calzado cerrado (tenis ou zapatos).

Teñen que levar o chándal e a camiseta do centro, e aconsellamos que non leven mochila de rodas.

Pola presente informámoslles que o vindeiro martes 20 de febreiro, os alumnos/as de 4º,5, e 6º de Ed. Infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á representación “A nena e o grilo nun barquiño”

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

Dende o equipo de Educación Infantil do Colexio Santo Tomás creamos o blog “Los peques de Santo Tomás” para facervos partícipes do noso día a día, para que poidades acercarvos ao noso mundo e seguir de cerca os nosos pasos, onde cada mañá comezamos unha nova aventura, na cal partimos do xogo para que os nenos/as se divirtan aprendendo.

Podedes atopalo no seguinte enderezo: santotomaspeques.blogspot.com.es/

Os alumnos/as de 6º de EI (5 anos) acudirán mañá martes 6 de febreiro a unha actividade de Cine 360º - Planetario 3D, organizada dende a OMIX do Concello do Porriño, no pavillón dos deportes do Porriño, en horario de mañá.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

IniciarPrevio12SiguienteFin
Página 1 de 2