Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Covid-19

      Covid-19

Contido Xeral

Contido Xeral (101)

O vindeiro 8 de abril os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria participarán no centro dun “OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

O vindeiro 6 de abril os alumnos/as de 3º de Educación Primaria asistirán no centro a un “CONTACONTOS EN INGLÉS”  

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

O martes día 23 de marzo, os alumnos/as de 2º de Ed. Primaria terán unha saída ao Parque dos Sentidos de Marín, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda e o kit covid nunha mochila pequena de espalda (non de rodas).

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro 24 de marzo os alumnos/as de 1º ESO asistirán no centro a unha actuación teatral en inglés titulada “Soprano Express

Esta actividade está financiada polo Concello de Porriño, e cumpre coas medidas de protección e prevención incluídas no Protocolo Educativo Covid-19.

Informámoslles que ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 21/22.

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º de Educación Infantil – 3 anos), así como aos de Infantil, Primaria e ESO que desexan cambiar de centro escolar.

No noso centro dispoñemos das seguintes prazas vacantes:

4º de Educación Infantil (3 anos) : 25 prazas

6º de Educación Infantil (5 anos) : 5 prazas

3º de Educación Primaria : 1 praza

1º de ESO: 5 prazas

4º de ESO: 3 prazas

As solicitudes de admisión poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicacación “AdmisionAlumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial no centro escolar con cita previa, chamando ao 986 33 76 14

Achéganse as datas da celebración do entroido, e este ano debido a situación derivada da covid, vémonos obrigados a realizala de xeito diferente.

Ao longo da vindeira semana o alumnado realizará na aula distintos complementos que, ao finalizar a xornada, levaran para a casa; por este motivo NON TRAERAN ningún complemento da casa.

Durante estes días vaise facer unha pequena retrospectiva fotográfica do entroido no noso centro e que se poderá ver na web.

Lamentablemente non se levará a cabo a degustación de doces típicos do entroido, polo que deberan traer a merenda individual como tódolos días.

Aínda así o venres 12 poderán vir disfrazados da casa ben con pixama ou de festa (LEMBRAMOS QUE NON SE PODEN TRAER COMPLEMENTOS: SOMBREIROS, PANOS, BONECOS...)

Durante esta xornada escolar poderán disfrutar de distintas actividades propostas polos seus mestres coa seguridade establecida nos protocolos e seguindo todas as normas establecidas. A pesar de todo animamos a participar e gozar da celebración desta data.

            Lembrámoslles que as clases darán comenzo o xoves 18 febreiro; desexamos pasedes un bo entroido e unha volta segura para todos e todas. 

O vindeiro venres día 30 de outubro, os alumnos/as de 2º de Ed. Primaria terán unha saída ao Parque dos Sentidos de Marín, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda e o kit covid nunha mochila pequena de espalda (non de rodas).

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

O vindeiro venres 30 de outubro os alumnos/as de 4º de ESO terán unha saída ao Faro de Budiño para realizar unha actividade de rápel.

A saída levarase a cabo dentro do horario escolar, adiantando lixeiramente a hora de saída as 8:30 para poder realizar con calma e disfrute este actividade.

Deberán levar roupa deportiva axustada

 

O mércores 28 de outubro os alumnos/as de 5º de Educación Primaria  farán unha saída ao Ecoparque Atalaia, onde realizarán as varios xogos de habilidade e forzo (dificultade media-baixa) como rocódromo, túnel elástico, aros colgantes, futbolín humano e tirolina

Deberán levar a merenda e o kit covid nunha pequena mochila.

Teñen que vir vestidos con roupa e calzado deportivo, pero non é preciso que sexa o chándal e camiseta do colexio

Pola presente comunicámoslles que o vindeiro venres día 16 de outubro, os alumnos/as de 1º de Ed. Primaria terán unha saída ao Monte Aloia, en horario de mañá.

Deberán levar a merenda e o kit covid nunha mochila pequena de espalda (non de rodas).

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.

IniciarPrevio12345678SiguienteFin
Página 1 de 8