No no DOG de 13 de novembro aparece publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso escolar 2020/2021. Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020
ALUMNADO DESTINATARIO:
O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021, que as recibirá sen necesidade de presentar solicitude
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
FORMA DEPRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Unicamente de forma presencial no centro educativo.
Pódense recoller os impresos no centro ou descargalos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e no portal educativo, enderezo http://edu.xunta.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 16 ao 27 de novembro (ambos incluídos). Mediante cita previa chamando ao teléfono 986 33 76 14
Estimadas falimilas.
Nos seguintes enlaces poderedes acceder ao "Plan de Adaptación á situación Covid-19", o "Programa de acollida" e ao plan de continxencia do noso centro. Estos documentos son versións que poden sufrir modificacións en función dos cambios nos protocolos das consellerías de educación e sanidade.
Estimadas familias.
Nos seguintes vínculos poderedes acceder aos resumos das medidas de prevención frente ao Covid-19.
En relación co comezo do curso, a resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21, sinala:
En relación co comezo do curso, a resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21, sinala:
Xa están publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021 no taboleiro de anuncios situado na entrada principal
Estimadas familias:
Neste documento presentamos os criterios de cualificación, promoción e titulación acordados de forma excepcional,polo Claustro de profesores para a finalización deste curso 2019-2020.
No caso de recibir novas instrucccións ou de producirse cambios na situación actual, estes acordos estarán suxeitos a modificacións para dar cumprimento á normativa.
Para ver o documento ao completo pulsar na imaxe.
Un saúdo
Equipo Directivo
Os alumnos de 5º de primaria realizaron diversos modelos de células co fin de aprender cal é a unidade básica estrutural e funcional dos seres vivos. Nelas saliéntanse os seus orgánulos e as diferentes partes, para isto foron utilizados diversos materiais: xelatina, gominolas, froita, froitos secos, lentellas, pasta...
Con esta actividade interdisciplinar na que se combinan as artes plásticas coas ciencias, os alumnos asimilan mellor o que é unha célula, xa que é un concepto abstracto.
Esta actividade acompáñase dunha práctica no laboratorio na que poderán observar co microscopio diversos tipos de células.
Deixamos aquí unha pequena mostra dos traballos.
O equipo de coordinación da biblioteca do colexio convoca tres concursos para que poida participar aquel alumno que o desexe. Para consultar as bases de cada concurso, e descargar a ficha de inscripción, premer en cada un dos seguintes enlaces.
Concurso de relato curto e poesía.