Informámoslles que ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 21/22.
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º de Educación Infantil – 3 anos), así como aos de Infantil, Primaria e ESO que desexan cambiar de centro escolar.
No noso centro dispoñemos das seguintes prazas vacantes:
4º de Educación Infantil (3 anos) : 25 prazas
6º de Educación Infantil (5 anos) : 5 prazas
3º de Educación Primaria : 1 praza
1º de ESO: 5 prazas
4º de ESO: 3 prazas
As solicitudes de admisión poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicacación “AdmisionAlumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial no centro escolar con cita previa, chamando ao 986 33 76 14