No no DOG de 13 de novembro aparece publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos públicos dependentes desta consellerÃa e en centros privados concertados no curso escolar 2020/2021. Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020
ALUMNADO DESTINATARIO:
- Non ten que presentar solicitude:
O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021, que as recibirá sen necesidade de presentar solicitude
- Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a familias cunha renta per cápita igual ou inferior a 6.000€
- Alumnado matriculado en educación especial,
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Alumnado cun grao discapacidade igual ou superior ao 65%
FORMA DEPRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Unicamente de forma presencial no centro educativo.
Pódense recoller os impresos no centro ou descargalos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e no portal educativo, enderezo http://edu.xunta.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 16 ao 27 de novembro (ambos incluÃdos). Mediante cita previa chamando ao teléfono 986 33 76 14