Imagen2

Imagen40

Extraescolares

extras

Campamento

Imagen60

Miércoles, 29 Enero 2020 00:00

Saída ao Teatro de Afundación de Educación Infantil Destacado

O vindeiro mércores 5 de febreiro, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha saída ao Teatro Afundación en Vigo en horario de mañá, para asistir á obra de teatro “O lobo e a lúa”, gañadora do Premio Barriga Verde de Textos de Títeres na XI Edición de 2014. Este espectáculo é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante na que as súas personaxes conviven a pesar das diferenzas que existen entre eles.

O prezo da actividade é de 2,00 €, que deberán ser entregados ao titor/a como último día o venres 31 de xaneiro.

Rogámoslles que traian a merenda nunha mochila que non sexa de rodas, e que, preferiblemente, dita merenda sexa un bocadillo, galletas, .... (non iogur). Ese dia non haberá venta de bocadillos para os alumnos/as de Educación Infantil polo que deberán traer a merenda da casa.

Teñen que vir vestidos co chándal e a camiseta do colexio.